Aitana Fernández Frontán, Alejandro Berdulles Fernández, Aida Ubeira Pérez e Raúl Sousa Rodríguez
Yoel Moreira Ruíz
Elisabeth Fernández Sendín, alumnos e alumnas de 4º da ESO e autores e autoras da entrada anterior sobre Simone de Beauvoir, tamén recolleron algunhas cunchas do pensamento da filósofa que explican a continuación:
“O problema da muller sempre foi un
problema de homes”. Esta é unha das ideas máis famosas da
escritora, na que reflicte a dificultade da muller nunha sociedade
patriarcal centrada na figura e punto de vista do home. A muller foi
definida ao longo da historia como filla, esposa ou nai de alguén,
sempre contando con esa etiqueta hacia o xénero masculino, polo que
Simone, consciente de todo isto, pretendía que deixase de existir.
Como ben dixo tamén a filósofa, “un home non pode definir a unha muller, o
matrimonio non debe limitala nin a familia suxeitala”.
“Non esquezades xamais que bastará
unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos
das mulleres volvan ser cuestionados”. Que abonda un sopro para que
os dereitos das mulleres se cambaleen é unha idea ben documentada
polo feminismo. Esta afirmación aínda ten vixencia actualmente, case 70 anos despois de
que Simone de Beauvoir a dixera. A sociedade segue cargando ás
súas costas cos mesmos problemas de sempre e, ante calquera golpe que veña, as mulleres serán as máis damnificadas.
“Córtanlle as ás e despois,
cúlpana por non saber voar” Aínda hoxe, esta cita de Simone de
Beauvoir ten vixencia. Reflicte a contradición das personas que tras
oprimir ás mulleres, considéranas, ademais, considéranas culpables de que se infravaloren. Trala cita, agóchase a idea de que o sufrimento das mulleres non
está provocado pola opresión da sociedade, senón polo feito de ter
nacido muller.
“O feminismo é unha forma de vivir
individualmente e de loitar colectivamente”. Vivir individualmente
significa ser consciente de que nunha sociedade coma na que vivía
ela e vivimos nosoutras hoxe en día estamos en desigualdade de
condicións legais, sociais, institucionais, afectivas e de relación
persoal cos homes; e loitar colectivamente tradúcese en que, despois de ter
tomado conciencia individual desa desigualdade, non abonda con
defender a autonomía e igualdade individuais senón que hai que levar unha
loita colectiva porque as opresións existentes, como dicía
Beauvoir, implícannos a todas. O movemento feminista ten como obxectivo a loita colectiva das mulleres
pola igualdade, non a individual.
“Non
se nace muller, chégase a serlo”. Lendaria reflexión que a
escritora presentou no seu libro O
segundo sexo,
no 1949. Nese momento demostrou ser unha precursora do movemento
feminista. Esta
frase encerra o núcleo desta obra, é dicir, o feminino non é unha
esencia senón unha existencia, a feminidade é un constructo
socio-cultural. Para Beauvoir a feminidade é algo
artificial, non natural; os factores biolóxicos non determinan a
forma de ser que se denomina, é irracional entendelo así. A muller
non nace sensible, calada, sumisa, impresionable, dócil, indecisa,
inferior ao varón, en definitiva, oprimida. Esta é unha lectura
ideoloxizada e interesada a partir dos sexos. No libro Beauvoir
propón unha relación equitativa, rematar cun estado de opresión e
substituílo por un estado de distensión, no que cada quen, mulleres
e homes convivan libremente.
“Que
nada nos defina. Que nada nos suxeite. Que sexa a liberdade a nosa
propia sustancia”. Podemos amar a ou identificarnos con algo o
alguén, pero nós debemos seguir sendo nós mesmos. A liberdade é
un aspecto fundamental para esta autora. As mulleres sempre fueron
oprimidas e todas foron tratadas como algo feito para reproducir,
criar e facer tarefas na casa. O que Beauvoir quere representar é
que todas merecen ser libres e facer o que de verdade lles guste sen
ser xulgadas ou definidas por iso.