Margaret Eleonor Atwood naceu en Ottawa, Canadá, o 18 de novembro de 1939. É unha destacada poeta, novelista, crítica literaria, profesora e activista política ( é membro de Amnistía Internacional ).
Estudou na Universidade de Victora, en Toronto e tamén en Harvard. Vive entre Toronto e Pelee Island, en Ontario.
Unha das súas obras máis coñecidas é O conto da criada, novela distópica na que se fai unha crítica social de como esta trata ás mulleres. Emprega unha técnica narrativa que consiste en empregar lembranzas para facer un xogo con dúas historias distintas, aínda que con un mesmo personaxe. É moi coñecida porque deu lugar a unha serie de televisión.
Outra novela que escribiu é O asasino cego. A historia desenvólvese en Canadá e nárrase desde un presente aínda que facendo moitas referencias constantes a distintos momentos do pasado século XX.
Como novelista, Margaret Atwood recibiu varios premios: o Booker ( no ano 2000), o Príncipe de Asturias das Letras ( no 2008), o Pen Pinter Price ( no 2016) e o Franz Kafka no 2017, entre outros.
Na nosa biblioteca, na sección de Igualdade, podes atopar a súa novela, O conto da criada (de novo por obra, arte e maxia de Irmáns cartoné) E tamén podes vela a ela no corredor que leva á biblioteca. Ollo! Margarte mírate desde a exposición " Queremos ser coma vós"
Nota: esta entrada foi elaborada por Daniel Marina, de 4º ESO C
Ningún comentario:
Publicar un comentario