xoves, 15 de abril de 2021

Marga Gil Roësset, a nena bohemia que levaba capa


"Marga era de verdoso alabastro, con ojos hermosos y tristes, y pelo liso castaño... Llevaba el alma fuera, el cuerpo dentro."* Marga Gil Roësset nace en Madrid no 1908. Xa tivo que pelexar desde ben pequena porque naceu moi enferma, mais contra todo pronóstico, e grazas aos extremos coidados da súa nai, puido sobrevivir.  Medrou nunha familia bohemia que valoraba moito a arte, con grandes inquietudes culturais. Vivían dunha maneira libre, educadas pola súa nai, e eran vestidas por esta dun xeito particular: con capas, carapuchiñas... A súa, foi unha familia de artistas e precursoras. Pronto ela e a súa irmá, Consuelo Gil Roësset,  amosaron talento artístico: aínda sendo moi nenas, a irmá xa escribía xa contos que ela ilustraba dun xeito moi personal. Un deles é   "O neno de ouro". 


Pronto destacou tamén como escultora. Cando os pais viron que tiña un especial talento para esta arte, levárona ao obradoiro do mestre Victorio Macho, precursor da escultura contemporánea. Mais este pronto pecibiu que tiña un xeito moi particular e persoal de esculpir e non quixo modelar ese remuiño creativo co que traballaba Marga Gil. É , pois a súa unha formación autodidacta, mais  pode incluirse dentro dun estilo modernista nunha liña simbolista

"Yo intento siempre operar sobre mis esculturas de dentro afuera. Es decir, trato de esculpir más las ideas que las personas. Mis trabajos, en cuanto a la forma, podrán no ser muy clásicos, pero, por lo menos, llevan el esfuerzo de querer manifestar su interior", dicía a artista sobre as súas esculturas

 


"Adán e Eva", 1930

Foi a Marga escultora quen abraiou ao poeta Juan Ramón Jiménez e á súa dona, a tradutora Zenobia Camprubí. Esta encargoulle á artista un busto, que é, segundo algunhas opinións, unha das pezas con máis valor da súa produción escultórica. 



Tras este encontro co matrimonio, Marga namórase profundamente de Juan Ramón Jiménez. O poeta, felizmente casado, non pode corresponder ao seu amor. Este feito conduce a Marga Gil a unha dor profunda que remata co seu suicidio o 28 de xullo de 1932. Deixou un diario de 68 páxinas que custodiou Juan Ramón Jiménez a través do cal nos podemos achegar aos últimos días da súa vida.  A pesar de que destruiu ( como tamén fixera Camille Claudel antes de ingresar no hospital psiquiátrico) boa parte da súa obra antes de suicidarse, quédannos moitas ilustracións que evidencian o seu talento e unha  mirada persoal ( demasiado profunda- e dolorosa- para unha persoa tan nova)  que amosa que foi quen de crear un mundo artístico propio. 


"O neno de ouro", 1921

"O can de veludo" ( 1932) Ilustración de Marga Gil
para "Cancións de nenos" , de 
Consuelo Gil Rossët

Talvez os seus debuxo poidan lembrache un pouco ás ilustracións de O principiño, de Saint Exupèry.



 Pois ben, a pintora e escritora Ana Serrano Velasco ( experta na obra de Marga Gil) afirma que unha das tres ilustracións que aparecen no libro Cancións de nenos, serviu de modelo a algúns dos debuxos da obra de Saint- Exupèry que todos e todas coñecemos. 

A Marga Gil interesoulle a arte en todas as súas formas, para expresar con ela, ou nela, o seu mundo interior tan rico e tan intenso. Aquí vémola nunha representación teatral: 



Nesta páxina podes atopar máis imaxes das súas obras e información interesante sobre a artista e a  paixón coa que viviu e coa que morreu. 

"Si pensaste al morir que ibas a ser bien recordada, no te equivocaste, Marga. Acaso te recordaremos pocos, pero nuestro recuerdo te será fiel y firme. No te olvidaremos, no te olvidaré nunca. Que hayas encontrado bajo tierra el descanso y el sueño, el gusto que no has encontrado sobre la tierra. Descansa en paz, la paz que no supimos darte,  Marga bien querida. " 

Juan Ramón Jiménez, Españoles de tres mundos

Nós tampouco te esquecemos, Marga Gil Roësset. A túa forza creativa atravesou os anos e chegou ata nós, aquí e agora. Queremos ser coma ti e esculpir a vida. 





* Así describe Juan Ramón Jiménez a Marga Gil. 

A información está extraída de aquí e destoutra páxina. Tamén se botou man deste documental sobre a súa vida e obra para elaborar esta entrada: 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...