Varsovia, 7 de novembro de 1867. Nace Maria Salomea Skolodowska, á que máis tardecoñecermos como Marie Curie ( aquí, podes escoitar a súa historia). Foi filla dun profesor de Física e Matemáticas e dunha mestra moi patrióticos ( nese momento Polonia estaba ocupada polo imperio ruso) que non renunciaron aos costumes polacos nin á súa cultura. Ese feito provocou que a súa familia tivese problemas económicos. A súa nenez, ademais, viuse tristemente condicionada pola morte da súa nai cando ela só tiña dez anos e pola da súa irmá. Todas estas dificultades non impediron que deixase de estudar, máis ben ao contrario. Quixo ingresar na Universidade de Varsovia, mais como nesta institución, non se admitían mulleres, tivo que recurir á Universidade Volante ( institución clandestina aberta a mulleres que ofrecía aos mozos e mozas polacos e polacas formación na súa propia lingua. Volante, tamén chamada flotante, fai referencia ao carácter volátil e nómada da institución que tiña que ir cambiando de lugar para escapar do control do imperio ruso). Marie e máis a súa irmá Bronya pagáranse os estudos mutuamente. Grazas aos cartos que lle proporcionou esta última puido estudar na Universidade de París, onde se licenciou primeiro en Física e despois en Matemáticas.
No 1894 coñece a Pierre Curie, un físico francés, pioneiro no estudo da radioactividade. Ambos profesaban un enorme amor pola ciencia e isto fixo que tamén medrase entre eles. Como parella tiveron dúas fillas e, tamén xuntos, desenvolveron unha importante, e extensa, investigación científica sobre substancias radioactivas. Como non tiñan un laboratorio propio, fixeron a maior parte das investigacións nun alpendre mal ventilado, feito que lle pasaría factura na súa saúde a Marie anos máis tarde.
No 1898 anunciaron o descubrimiento de novos elementos: o radio e o polonio ( recibe este nome en alusión ao país de orixe de Marie), ambos máis radiactivos que o uranio.
No 1903 en "recoñecemento polos servicios rendidos nas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos de radiación descubertos por Henri Becquerel"*, o matrimonio Curie e este último científico reciben o Premio Nobel de Física. Marie Curie convértese na primeira muller en recoller un galardón desta categoría.
Forma alfa do polonio sólido
O 19 de abril de 1906, mentras camiñaba Pierre Curie foi golpeado por unha carruaxe de cabalos e, como consecuencia dese golpe, morreu. Marie Curie quedaba viúva, rechazou a pensión vitalicia á que tiña dereito e preferiu seguir coas investigacións do seu marido. O Departamento de Física onde traballaba o científico ofreceulle o posto do seu marido, e converteuse así na primeira profesora desa Universidade e na primeira directora do laboratorio desa institución.
Durante varios anos compaxinou o seu traballo na Universidade co coidado das súas fillas e coas súas investigacións sobre o radio. Descubriu que a radioterapia podería ser un bo tratamento para o cancro. Grazas a estas investigacións foille concedido o Premio Nobel de Química no 1911. O machismo da época escureceu un pouco este éxito, xa que Marie Curie estivo a piques de non recibilo por mor dun escándalo amoroso, xa que foi xuzgada por un episodio da súa vida privada, alleo ás súas investigacións.
Cabe salientar a xenerosidade da científica, xa que non patentou o proceso de aillamento do radio, deixándoo aberto á investigación de toda a comunidade científica. Outra mostra da súa humanidade é que, durante a I Guerra Mundial, creou "ambulacias radiolóxicas"para curar a moitos soldados.
Marie Curie, por causa da radiación á que estivo exposta durante tantos anos, morreu o 4 de xullo de 1934, en Francia. O seu corpo foi depositado nun ataúde forrado de plomo. Aínda hoxe os seus cadernos e todo o instrumental co que traballou son moi perigosos, debido ao alto nivel de radiación ao que estiveron sometidos.
Tanto ela coma Pierre están enterrados no Panteón de París. Pero os seus achádegos axudáronnos e axúdannos a vivir con unha maior calidade de vida. A revista Crónica despediuse dela con estas palabras*: "A insigne muller que, ao conquistas para a ciencia un mundo, aportou un novo e marabilloso remedio contra a dor". Unha persoa que axuda a sobrelevar a dor ben merece toda a nosa admiración e agradecemento.
Marie Curie, queremos ser coma ti!
Na biblioteca podedes atopar unha obra de Rosa Montero na que se describe como viviu Marie Curie a morte do seu marido. Trátase, pois dunha aproximación á científica desde un eido máis íntimo, máis persoal.
Ademais, tamén podedes atopar a película de Marie Noëlle que narra a vida da cientifica despois da morte do seu marido e como terá que loitar para demostrar a súa valía nese mundo de homes que aínda era a ciencia. Este é o tráiler do filme:
Queremos er coma ti, Marie Curie!
(Se clicas aquí, Marie Curie e moitas outras científicas amosaranche
a táboa periódica dos elementos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario