Camile Claudell naceu o 8 de decembro de 1864 en Fére-en-Tardenois, Francia. Desde moi nova foi unha apaixonada da escultura. En 1881 tentou entrar na escola de Belas Artes de París pero non a admitiron por ser muller. Mais, ela era coñecida na sociedade francesa polas súas obras.
En1883,Auguste Rodin, un mestre da escultura, queda enfeitizado pola súa beleza e o seu talento. Acaba converténdose no seu profesor e amante. Teñen unha intensa relación onde o amor e o odio están presentes continuamente. Sepáranse en 1904 e Camille adícalle bastantes das súas obras.
En 1905 realiza a súa última exposición e péchase no seu obradoiro debido a unha das crises emocionais que sofre. Destrúe moitas das súas obras e acusa a Rodin de roubarlle as ideas e de querer matala. Como ninguén a cree, a súa saúde mental comeza a degradarse e os seus familiares acábana por ingresar nun manicomio, onde permanecerá encerrada 30 anos ata o día da súa morte. En todo este tempo non recibe ningunha visita, nin sequera dalgún familiar.
Camille Claudel foi unha artista pouco valorada na súa época e tratada posiblemente de tola porque era unha muller que facía e sentía o que quería. Isto estaba mal visto a ollos daquela sociedade que a tomaba como un perigro para ella. Unha cousa semellante lle puido ter pasado a Juana la Loca.
Falece en 1934 e entérrana nunha tumba sen nome. Mais fica nas súas obras, na memoria da arte e na película que leva o seu nome.
E hoxe podes ver a todas as Camiles no primeiro andar, nun lugar preferente!
Esta entrada foi elaborada por Vera e Iza, de 4º ESO D. Grazas ás dúas
Ningún comentario:
Publicar un comentario