Gabrielle Chanel, máis coñecida como Coco Chanel, naceu o 19 de agosto de 1883 en Saumur, Francia, e morreu o 10 de xaneiro de 1971 na bonita cidade de París. De nacionalidade francesa, Coco Chanel foi unha grande e entusiasta deseñadora de alta costura, e autora da creación da súa marca, Chanel.
A infancia difícil de Coco non lle impediu converterse nun dos máis grandes iconos do “novo estilo” durante os anos 20. Toda unha rebelde que modificou por completo o que se supuña que debían vestir as mulleres para ser belas.
Coco dixo adeus ó corsé, que quedaba reducido á etapa da guerra e facía ver á muller case como un obxecto vestido de forma incómoda. Ademais, utilizou a cor negra como algo máis que un ton lúgubre: o principio da elegancia e a comodidade. Porén, non só impuxo un estilo de vestir, senón tamén unha forma de concibir a moda por parte das mulleres que viviron durante a súa época e os anos seguintes. Podedes coñecela máis se vedes este pequeno documental:
Audrey Tautou métese na súa pel para interpretala na película Coco Chanel. Aquí podes ver un tráiler da mesma:
Ningún comentario:
Publicar un comentario