domingo, 21 de marzo de 2021

A miliciana de Gerda

 

GerdaTaro naceu en Alemaña nunha familia de orixe xudea, polo que cando Hitler chegou ao poder, ela fuxiu a París, onde coñeceu á súa parella, o fotógrafo Endre Friedmann.


Apodada “pequeño zorro rojo” pola súa astucia e cor de pelo, é considerada a primeira muller fotoperiodista que cubriu unha fronte de guerra, e a primeira en falecer ao facelo.

Xunto con Endre, comezou a fotografar baixo o alias de Robert Capa, o nome dun fotógrafo americano, xa que cos seus propios non conseguían vender as súas capturas. Baixo este pseudónimo conseguiron un éxito abismal, chegando a ser considerado Capa como o mellor fotógrafo da historia.


En 1936 trasladáronse a España para cubrir a guerra civil, onde Gerda, de só 26 anos, morreu accidentalmente atropelada por un tanque durante unha retirada do exército. 


                                                    "Miliciana" de Gerda Taro




Nos últimos tempos fóronlle atribuídas fotos que inicialmente se crían obra da súa parella, pois pensábase que Robert Capa era unicamente Endre Friedmann.

En conclusión, Gerda Taro abriu camiño a tódalas correspondentes de guerra, mais pagouno coa súa vida.

Gerda Taro é unha pioneira,

primeira periodista de guerra.

Por ser muller esquecida na terra,

sempre coa cámara na trincheira.


Gerda Taro é unha guerreira,

mais a fama ao marido se aferra.

O seu lamento ao machismo desterra,

por mais que a releguen a unha beira.


Un tanque quitounos tan grande estrela,

pero sempre brillará alá onde estea

alumeando o futuro a moitas nenas.


A través do lente a súa alma desvela,

capturando sen filtro a dor allea

dun pobo desangrándose en penas.


A entrada e o poema foron realizados por Pablo Presa Carrera, 3º C. Moitísimas grazas, Pablo. Es un poeta!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...