luns, 22 de marzo de 2021

As arañas e Louise Bourgeois

 “A arte é garantía de cordura. É o máis importante que podo decir”. Estas palabras son un fiel reflexo do que a artista Louise Bourgeois (1911- 2010) experimentou durante a súa vida. Está considerada unha das creadoras máis poderosas e profundas de los siglos XX y XXI. As súas experiencias vitais, a súa infancia e o seu entorno familiar influiron moitísimo nas súas obras. 

Bourgeois é coñecida sobre todo polas súas esculturas de arañas e a súa obra dedicada á imaxen da muller. Foi unha das artistas contemporáneas que se preocupou por poñer a súa obra ao servizo das emocións e ideas femininas representándoas nas súas creacións continuamente. Tamén foi activista e promoveu a igualdade LGBT a través das súas creacions artísticas.

Trala morte repentina morte do seu pai en 1951, a artista entra nunha profunda depresión e comeza a crear instalacións artísticas para diferentes museos. Estas son moi envolventes e están relacionadas cos seus recordos, experiencias e traumas.


É a partir de 1986 cando comeza a crear certas pezas que conteñen a esencia da súa relación coas súas experiencias vitais, o compromiso social e o subconscente. Son as Cells (Celdas), instalacións pechadas que contan historias en sí mesmas e que se converten en experiencias que se filtran na mente de quen as ve. "Articulated Lair" será a primeira dunha serie que comprende unhas 60 obras. Louise Bourgeois empleou estes espazos para conectar o seu traballo con determinados traumas vitais, empregando eses escenarios como liberación.

Instalación "Articulated Lair"

A mediados dos 90, Louise Bourgeois comeza a explorar outra das súas obsesións: a araña como nai, depredadora e texedora. Acudindo de novo aos referentes da súa infancia, a artista comeza a deseñar esculturas con forma de araña que son á vez terribles e fráxiles, destrutoras e víctimas. 

                                             "Maman ( Mamá)" Museo Guggenheim, Bilbao

Por outro lado, tamén puxo o acento en explorar a sexualidade, poñendo os corpos femininos e masculinos realizados con materias textiles empregando unha  linguaxe moi persoal.

















Esta entrada foi elaborada por Noa Presa, de 3º ESO C. Moitas grazas, Noa, por presentarnos a Louise!

Recomendamos a lectura do libro Nana de tela, publicado por Impedimenta. Neste nárrase a "vida tecida de Louise Bourgeois". 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...