luns, 29 de marzo de 2021

As mulleres na Arte


As alumnas e alumnos de Historia da Arte de 2º BACH do IES Val do Tea, acompañadas polo seu profesor Xurxo Gómez, reivindican que se inclúan mulleres artistas no programa desta materia. Actualmente, neste curso (no cal os e as estudantes preparan as probas das ABAU), só se estudan figuras masculinas e non teñen cabida, no temario, nomes de mulleres. A Comisión de Igualdade do instituto súmanse á reivindicación. Mentras non se estuden, nas escolas e nos institutos, as obras que deixaron as mulleres na ciencia, no deporte, na literatura, na arte, na vida… a historia non será contada con e desde a igualdade. 



Nesta nova do Faro de Vigo recóllese a reivindicación das rapazas e rapaces e aquí podemos ver un pequeno vídeo onde as alumnas e alumnos citan os nomes de algunhas das mulleres que faltan no temario de Historia da Arte. 



Nesta entrevista, Carla, Mara e Eva explican moi ben como aparece, moitas veces, a muller nas obras de arte. A visión que delas se amosa é, na maior parte das ocasións, a visión que se tivo das mulleres ao longo da historia. Pero Mara, Eva, Carla, Miguel, Lucca... as persoas do futuro ofrecerán outra visión distinta das mulleres porque eles e elas estana cambiando!! Un arco da bela brilla sobre o futuro:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...