Aitana Fernández Frontán, Alejandro Berdulles Fernández, Aida Ubeira Pérez e Raúl Sousa Rodríguez Yoel Moreira Ruíz Elisabeth Fernández Sendín, alumnos e alumnas de 4º da ESO e autores e autoras da entrada anterior sobre Simone de Beauvoir, tamén recolleron algunhas cunchas do pensamento da filósofa que explican a continuación:
“O problema da muller sempre foi un problema de homes”. Esta é unha das ideas máis famosas da escritora, na que reflicte a dificultade da muller nunha sociedade patriarcal centrada na figura e punto de vista do home. A muller foi definida ao longo da historia como filla, esposa ou nai de alguén, sempre contando con esa etiqueta hacia o xénero masculino, polo que Simone, consciente de todo isto, pretendía que deixase de existir. Como ben dixo tamén a filósofa, “un home non pode definir a unha muller, o matrimonio non debe limitala nin a familia suxeitala”.
“Non esquezades xamais que bastará unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados”. Que abonda un sopro para que os dereitos das mulleres se cambaleen é unha idea ben documentada polo feminismo. Esta afirmación aínda ten vixencia actualmente, case 70 anos despois de que Simone de Beauvoir a dixera. A sociedade segue cargando ás súas costas cos mesmos problemas de sempre e, ante calquera golpe que veña, as mulleres serán as máis damnificadas.
“Córtanlle as ás e despois, cúlpana por non saber voar” Aínda hoxe, esta cita de Simone de Beauvoir ten vixencia. Reflicte a contradición das personas que tras oprimir ás mulleres, considéranas, ademais, considéranas culpables de que se infravaloren. Trala cita, agóchase a idea de que o sufrimento das mulleres non está provocado pola opresión da sociedade, senón polo feito de ter nacido muller.
“O feminismo é unha forma de vivir individualmente e de loitar colectivamente”. Vivir individualmente significa ser consciente de que nunha sociedade coma na que vivía ela e vivimos nosoutras hoxe en día estamos en desigualdade de condicións legais, sociais, institucionais, afectivas e de relación persoal cos homes; e loitar colectivamente tradúcese en que, despois de ter tomado conciencia individual desa desigualdade, non abonda con defender a autonomía e igualdade individuais senón que hai que levar unha loita colectiva porque as opresións existentes, como dicía Beauvoir, implícannos a todas. O movemento feminista ten como obxectivo a loita colectiva das mulleres pola igualdade, non a individual.
“Non se nace muller, chégase a serlo”. Lendaria reflexión que a escritora presentou no seu libro O segundo sexo, no 1949. Nese momento demostrou ser unha precursora do movemento feminista. Esta frase encerra o núcleo desta obra, é dicir, o feminino non é unha esencia senón unha existencia, a feminidade é un constructo socio-cultural. Para Beauvoir a feminidade é algo artificial, non natural; os factores biolóxicos non determinan a forma de ser que se denomina, é irracional entendelo así. A muller non nace sensible, calada, sumisa, impresionable, dócil, indecisa, inferior ao varón, en definitiva, oprimida. Esta é unha lectura ideoloxizada e interesada a partir dos sexos. No libro Beauvoir propón unha relación equitativa, rematar cun estado de opresión e substituílo por un estado de distensión, no que cada quen, mulleres e homes convivan libremente.
“Que nada nos defina. Que nada nos suxeite. Que sexa a liberdade a nosa propia sustancia”. Podemos amar a ou identificarnos con algo o alguén, pero nós debemos seguir sendo nós mesmos. A liberdade é un aspecto fundamental para esta autora. As mulleres sempre fueron oprimidas e todas foron tratadas como algo feito para reproducir, criar e facer tarefas na casa. O que Beauvoir quere representar é que todas merecen ser libres e facer o que de verdade lles guste sen ser xulgadas ou definidas por iso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario