martes, 30 de marzo de 2021

Mulleres na historia

 Ao longo deste mes de marzo, como vimos informando neste blog, no insti desenvolvemos varias  actividades coas que  visibilizar o traballo e o legado de moitas, moitas mulleres ao longo da historia. 

Unha delas foi a exposición "Mulleres na historia" que fixemos no corredor de 1º da ESO. Neste, os alumnos e alumnas do citado curso, baixo a supervisión da profesora Yolanda del Campo, foron expoñendo os traballos que realizaron sobre diferentes mulleres da historia que a eles e a elas lles resultaron interesantes. Aquí queda unha pequena mostra da exposición. 








No mesmo corredor tamén se puideron ver os pés ( facendo camiño pola igualdade) de diferentes mulleres que habitaron nas novelas. Porque elixir como protagonistas femininas nas novelas ou nas obras de arte  tamén é construir igualdade!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...