Rematamos o mes de marzo, con voz de radio! O xoves 25 de marzo e o venres 26 fomos gravar a Siradio . Un grupo de alumnos e alumnas de 2º Bach e de 3º PMAR do noso insti prestámoslle a voz a diferentes mulleres que, a pesar de ser protagonistas, de algúns acontecementos históricos relevantes, de ser creadoras culturais, de contribuir cos seus coñecementos a investigación de enfermidades, de escribir obras relevantes ou compoñer cancións e facer películas... non puideron facelo en voz alta, senón que tiveron que vivir e facer esas proezas silandeiramente, case murmurando porque non eran consideradas válidas para facer outra cousa que non fose limpar a casa ou coidar do marido e dos fillos e fillas.
De momento, deixamos a proba gráfica de que estivemos alí, gravando as voces silenciadas polo sistema patriarcal que amordazou as voces das mulleres que se atreveron a cantar. Iremos subindo os podcast cando se vaian emitindo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario