martes, 20 de abril de 2021

Clara Campoamor e o seu pecado mortal

 O 12 de febreiro de 1888 nacía en Madrid unha muller que ía cambiar as vidas de moitas  do século que case tamén nacía  con ela: o XX. Era  Clara Campoamor, a avogada grazas á cal a mulleres puidemos votar. 

Chega ao mundo no seo dunha familia moi humilde e, trala morte do seu pai, cando ela era aínda moi cativa,  tivo que poñerse a traballar. Mais, sendo xa unha adulta, retomou os seus estudos e licenciouse en  Dereito no 1924, cando tiña 36 anos. Converteuse así nunha avogada que defendería os dereitos dos máis desprotexidos, pero, sobre todo desprotexidas, pois na maior parte dos casos eran as mulleres as que padecían máis inxustizas. 



Foi a primeira avogada que interviu ante o Tribunal Supremo e defendeu dous casos de divorcio: o de Concha Espina, casada con Ramón Gómez de la Serna, e o do matrimonio Josefina Blanco e Valle-Inclán. 

Republicana convencida, pronto comeza a militar en política. Trala proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, Clara Campoamor preséntase ás eleccións polo partido Partido Radical de Alejandro Lerroux. Entra no Congreso como deputada por Madrid e forma parte da Comisión de 21 deputados que elaboraron a Constitución republicana. Era a única muller nesa comisión. A partir dese intre comeza a súa loita polo voto feminino, o seu pecado mortal. 


(Fragmento de El ministerio del tiempo no que se explica quen era
Clara Campoamor) 

O día 1 de outubro prodúcese nas Cortes un intenso debate sobre se as mulleres podían ou non votar. Clara Campoamor fixo unha defensa do dereito ao voto das mulleres. Por outra parte, Victoria Kent, do Partido Radical Socialista, defendeu o non, xa que consideraba que estas votarían á dereita aconselladas polos seus maridos ou pola Igrexa. 


Clara Campoamor, Victoria Kent e Margarita Nelken

Finalmente, as Cortes aprobaron o sufraxio femenino con 161 votos a favor e 121 en contra. Así, no 1933 as mulleres poden votar por primeira vez e, tal como vaticinaba Victoria Kent, venceu a dereita.


Muller votando por primeira vez en España 
Imaxe extraída de aquí, onde atoparás un interesante artigo sobre o voto da muller en España.

 Clara Campoamor non é elixida polo pobo, si o será Margarita Nelken, tres mulleres do PSOE: Veneranda García Blanco ( podes atopar información sobre ela neste interesante blog no que se rinde homenaxe ás mestras republicanas),  María Lejárraja  e Matilde de la Torre  e unha da CEDA, Francisca Bohigas. 


Clara Campoamor abandonará o Partido Radical e, malia que intentou afiliarse á esquerda republicana, o partido rechazou a súa adhesión. Tamén lle negaron a entrada no Frente Popular como representante da Unión republicana feminina que ela mesma fundara en 1931. Ante a imposibilidade de entrar no Parlamento para loitar porque as mulleres tivesen os mesmos dereitos ca os homes, adicouse a escribir. El derecho de la mujer y El voto femenino y yo. Mi pecado mortal son dúas das súas obras máis salientables. Esta última foi traducida ao galego e publicada pola editorial Galaxia. A obra está na biblioteca. 


Fotograma da película Clara Campoamor. La mujer olvidada. 

Despois da Guerra Civil, Clara Campoamor exiliase en Suiza, onde  é acollida por Antoinette Quinche, avogada especializada nos dereitos das mulleres. Despois marcharía a Bos Aires. No seu exilio seguiu publicando ensaios sobre política e literatura. Ademais, traduciu a Victor Hugo e a Èmile Zola. Tamén deu conferencias e deu a coñecer a outra muller valente que tamén loitou polos dereitos das mulleres, Concepción Arenal ( tamén quereremos ser coma ela!). 
No 1955 voltará a Suiza, onde traballará como avogada. Morrerá nes país  no ano 1972, con 84 anos, lonxe do seu país, ese no que grazas á súa loita, as mulleres tamén poderían votar nas primeiras eleccións da democracia. Os seus restos mortais voltaron a España e hoxe descansa no cemeterio de Polloi, Donosti, lugar no que ela se atopaba cando se publicou a II República. 


Ilustración extraída do libro Mujeres, de Isabel Ruiz Ruiz

A directora de cine Laura Mañá recolleu a fazaña desta avogada na película Clara Campoamor. La mujer olvidada.  Aquí queda un tráiler da mesma. Na biblioteca podes atopar o filme. 
 

(A peli está na biblioteca, no andel de Igualdade)

Sentimos desmentir a Laura Mañas, pero, para nós, Clara Campoamor  non é unha muller esquecida. 


A información desta entrada está  extraída desta páxina e deste documental, "Clara Campoamor, unha muller valente"



E, para rematar, bailamos contigo, Clara Campoamor. Xa dicía Emma Goldman que "se non podo bailar, non quero estar nesta revolución". Pois iso, bailemos coas dúas. 


Clara Campoamor, queremos ser coma ti!


xoves, 15 de abril de 2021

"El cielo es muy azul"

Benjamín Prado descríbenos así a Marga Gil Roësset:

Es una tarde de verano. Tú hablas
de que las noches son extrañas en las islas.
Yo pienso de repente
- no sé por qué- en la casa de Marga Gil: la torre
cerca de la autopista y el desorden salvaje
del antiguo jardín abandonado.

Empiezo
a contarte esta historia,
la manera en que aún sigue dentro de mí
y tú dices:
- Como alguien que anda junto a un río y tiene
sobre su piel la sombra de los árboles.

(Imaxe extraída de aquí) 

Estamos en el año
1932 y Marga
se enamora de Juan Ramón Jiménez.
Es una chica oscura.
Hay un túnel que une
su corazón y el ruido de los bosques.
Un día entra en la casa.
Un día escribe
ya nada me separa de ti,
salvo la muerte.
Luego, todo se termina.
Casi podemos verlo: 28 de julio;
el cielo es muy azul;
puede que unas palomas se escapen del jardín
al oírse el disparo.

Ahora los dos estamos en silencio.
Tú miras
a la playa,
la marea,
el sol rojo lo mismo que una fuente
en donde un asesino se ha lavado las manos.
Yo pienso en Marga Gil.
Pienso en su miedo
de esa forma en que a veces
ves a un hombre que huele una rosa, imaginas
cómo esa rosa crece hacia dentro de ese hombre,
lo invade poco a poco con su aroma
dulce y enfermo.

Mucho tiempo después
yo entro cada mañana en esa casa,
bajo al desván,
me muevo por los cuartos vacíos,
subo a la torre que veré más tarde,
desde un hotel de Nueva York,
un día de lluvia en Buenos Aires,
un verano
en el puerto de Barcelona.

El mundo
es un lugar muy frío.
En el fondo del agua se oye cavar las tumbas.
Hay terrazas sin sueño donde el viento devora
lentamente
los restos de la noche.

Tú y yo lo comprendemos.
Es un viento que viene del mar, un viento frío
que llena el corazón de pequeños arpones
y de niños ahogados.
Es un viento que dice:
- No se puede salir de una casa vacía.
Todo lo que ha ocurrido alguna vez
ocurre para siempre. 



Marga Gil Roësset, a nena bohemia que levaba capa


"Marga era de verdoso alabastro, con ojos hermosos y tristes, y pelo liso castaño... Llevaba el alma fuera, el cuerpo dentro."* Marga Gil Roësset nace en Madrid no 1908. Xa tivo que pelexar desde ben pequena porque naceu moi enferma, mais contra todo pronóstico, e grazas aos extremos coidados da súa nai, puido sobrevivir.  Medrou nunha familia bohemia que valoraba moito a arte, con grandes inquietudes culturais. Vivían dunha maneira libre, educadas pola súa nai, e eran vestidas por esta dun xeito particular: con capas, carapuchiñas... A súa, foi unha familia de artistas e precursoras. Pronto ela e a súa irmá, Consuelo Gil Roësset,  amosaron talento artístico: aínda sendo moi nenas, a irmá xa escribía xa contos que ela ilustraba dun xeito moi personal. Un deles é   "O neno de ouro". 


Pronto destacou tamén como escultora. Cando os pais viron que tiña un especial talento para esta arte, levárona ao obradoiro do mestre Victorio Macho, precursor da escultura contemporánea. Mais este pronto pecibiu que tiña un xeito moi particular e persoal de esculpir e non quixo modelar ese remuiño creativo co que traballaba Marga Gil. É , pois a súa unha formación autodidacta, mais  pode incluirse dentro dun estilo modernista nunha liña simbolista. 

"Yo intento siempre operar sobre mis esculturas de dentro afuera. Es decir, trato de esculpir más las ideas que las personas. Mis trabajos, en cuanto a la forma, podrán no ser muy clásicos, pero, por lo menos, llevan el esfuerzo de querer manifestar su interior", dicía a artista sobre as súas esculturas. 

 


"Adán e Eva", 1930

Foi a Marga escultora quen abraiou ao poeta Juan Ramón Jiménez e á súa dona, a tradutora Zenobia Camprubí. Esta encargoulle á artista un busto, que é, segundo algunhas opinións, unha das pezas con máis valor da súa produción escultórica. 



Tras este encontro co matrimonio, Marga namórase profundamente de Juan Ramón Jiménez. O poeta, felizmente casado, non pode corresponder ao seu amor. Este feito conduce a Marga Gil a unha dor profunda que remata co seu suicidio o 28 de xullo de 1932. Deixou un diario de 68 páxinas que custodiou Juan Ramón Jiménez a través do cal nos podemos achegar aos últimos días da súa vida.  A pesar de que destruiu ( como tamén fixera Camille Claudel antes de ingresar no hospital psiquiátrico) boa parte da súa obra antes de suicidarse, quédannos moitas ilustracións que evidencian o seu talento e unha  mirada persoal ( demasiado profunda- e dolorosa- para unha persoa tan nova)  que amosa que foi quen de crear un mundo artístico propio. 


"O neno de ouro", 1921

"O can de veludo" ( 1932) Ilustración de Marga Gil
para "Cancións de nenos" , de 
Consuelo Gil Rossët

Talvez os seus debuxo poidan lembrache un pouco ás ilustracións de O principiño, de Saint Exupèry.



 Pois ben, a pintora e escritora Ana Serrano Velasco ( experta na obra de Marga Gil) afirma que unha das tres ilustracións que aparecen no libro Cancións de nenos, serviu de modelo a algúns dos debuxos da obra de Saint- Exupèry que todos e todas coñecemos. 

A Marga Gil interesoulle a arte en todas as súas formas, para expresar con ela, ou nela, o seu mundo interior tan rico e tan intenso. Aquí vémola nunha representación teatral: 



Nesta páxina podes atopar máis imaxes das súas obras e información interesante sobre a artista e a  paixón coa que viviu e coa que morreu. 

"Si pensaste al morir que ibas a ser bien recordada, no te equivocaste, Marga. Acaso te recordaremos pocos, pero nuestro recuerdo te será fiel y firme. No te olvidaremos, no te olvidaré nunca. Que hayas encontrado bajo tierra el descanso y el sueño, el gusto que no has encontrado sobre la tierra. Descansa en paz, la paz que no supimos darte,  Marga bien querida. " 

Juan Ramón Jiménez, Españoles de tres mundos

Nós tampouco te esquecemos, Marga Gil Roësset. A túa forza creativa atravesou os anos e chegou ata nós, aquí e agora. Queremos ser coma ti e esculpir a vida. 





* Así describe Juan Ramón Jiménez a Marga Gil. 

A información está extraída de aquí e destoutra páxina. Tamén se botou man deste documental sobre a súa vida e obra para elaborar esta entrada: 



“

martes, 13 de abril de 2021

Marie Curie

 

Varsovia, 7 de novembro de 1867. Nace Maria Salomea Skolodowska, á que máis tardecoñecermos como Marie Curie ( aquí, podes escoitar a súa historia). Foi filla dun profesor de Física e Matemáticas e dunha mestra moi patrióticos ( nese momento Polonia estaba ocupada polo imperio ruso) que non renunciaron aos costumes polacos nin á súa cultura. Ese feito provocou que a súa familia tivese problemas económicos. A súa nenez, ademais, viuse tristemente condicionada pola morte da súa nai cando ela só tiña dez anos e pola da súa irmá. Todas estas dificultades non impediron que deixase de estudar, máis ben ao contrario. Quixo ingresar na Universidade de Varsovia, mais como nesta institución, non se admitían mulleres, tivo que recurir á Universidade Volante ( institución clandestina aberta a mulleres que ofrecía aos mozos e mozas polacos e polacas formación na súa propia  lingua. Volante, tamén chamada flotante, fai referencia ao carácter volátil e nómada da institución que tiña que ir cambiando de lugar para escapar do control do imperio ruso). Marie e máis a súa irmá Bronya pagáranse os estudos mutuamente. Grazas aos cartos que lle proporcionou esta última puido estudar na Universidade de París, onde se licenciou primeiro en Física e  despois en Matemáticas.

No 1894 coñece a Pierre Curie, un físico francés, pioneiro no estudo da radioactividade. Ambos profesaban un enorme amor pola ciencia e isto fixo que tamén medrase entre eles. Como parella tiveron dúas fillas e, tamén xuntos, desenvolveron unha importante, e extensa, investigación científica sobre substancias radioactivas. Como non tiñan un laboratorio propio, fixeron a maior parte das investigacións nun alpendre mal ventilado, feito que lle pasaría factura na súa saúde a Marie anos máis tarde.
No 1898 anunciaron o descubrimiento de novos elementos: o radio e o polonio ( recibe este nome en alusión ao país de orixe de Marie), ambos máis radiactivos que o uranio. 


No 1903 en "recoñecemento  polos servicios rendidos nas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos de radiación descubertos por Henri Becquerel"*, o matrimonio Curie e este último científico reciben o Premio Nobel de Física. Marie Curie convértese na primeira muller en recoller un galardón desta categoría. 


Forma alfa do polonio sólido

O 19 de abril de 1906, mentras camiñaba Pierre Curie foi golpeado por unha carruaxe de cabalos e, como consecuencia dese golpe, morreu. Marie Curie quedaba viúva, rechazou a pensión vitalicia á que tiña dereito e preferiu seguir coas investigacións do seu marido. O Departamento de Física onde traballaba o científico ofreceulle o posto do seu marido, e converteuse así na primeira profesora desa Universidade e na primeira directora do laboratorio desa institución.
Durante varios anos compaxinou o seu traballo na Universidade co coidado das súas fillas e coas súas investigacións sobre o radio. Descubriu que a radioterapia podería ser un bo tratamento para o cancro. Grazas a estas investigacións foille concedido o Premio Nobel de Química no 1911. O machismo da época escureceu un pouco este éxito, xa que Marie Curie estivo a piques de non recibilo por mor dun escándalo amoroso, xa que foi xuzgada por un episodio da súa vida privada, alleo ás súas investigacións. 


Cabe salientar a xenerosidade da científica, xa que non patentou o proceso de aillamento do radio, deixándoo aberto á investigación de toda a comunidade científica. Outra mostra da súa humanidade é que, durante a I Guerra Mundial, creou "ambulacias radiolóxicas"para curar a moitos soldados. 



Marie Curie, por causa da radiación á que estivo exposta durante tantos anos, morreu o 4 de xullo de 1934, en Francia. O seu corpo foi depositado nun ataúde forrado de plomo. Aínda hoxe os seus cadernos e todo o instrumental co que traballou son moi perigosos, debido ao alto nivel de radiación ao que estiveron sometidos.




Tanto ela coma Pierre están enterrados no Panteón de París. Pero os seus achádegos axudáronnos e axúdannos a vivir con unha maior calidade de vida. A revista Crónica despediuse dela con estas palabras*: "A insigne muller que, ao conquistas para a ciencia un mundo, aportou un novo e marabilloso remedio contra a dor". Unha persoa que axuda a sobrelevar a dor ben merece toda a nosa admiración e agradecemento. 

Marie Curie, queremos ser coma ti!









Esta entrada foi elaborada a partir da información atapada nesta páxina e nestoutra*. Tamén se botou man deste pequeno documental sobre a científica:


Na biblioteca podedes atopar unha obra de Rosa Montero na que se describe como viviu Marie Curie a morte do seu marido. Trátase, pois dunha aproximación á científica desde un eido máis íntimo, máis persoal. 



Ademais, tamén podedes atopar a película de Marie Noëlle que narra a vida da cientifica despois da morte do seu marido e como terá que loitar para demostrar a súa valía nese mundo de homes que aínda era a ciencia. Este é o tráiler do filme:




Queremos er coma ti, Marie Curie!


(Se clicas aquí, Marie Curie e moitas outras científicas amosaranche 
a táboa periódica dos elementos)


venres, 9 de abril de 2021

Maruja Mallo, a pintora libertaria

Ana María Gómez González,  Maruja Mallo, naceu en Viveiro, Lugo, o 5 de xaneiro 1902 e morreu o 6 de febreiro en Madrid, no 1995. Este é o Viveiro que viu nacer a esta artista irreverente, que fixo da liberdade a súa bandeira vital e artística:

Foi unha das pintoras máis significativas do surrealismo español ( a Frida Khalo galega), aínda que nós non o saberiamos ata fai ben pouco. Foi unha desas artistas doblemente silenciadas: por ser muller e por ser republicana exiliada. Formou parte do grupo de mulleres artistas do 27, as Sinsombreiro, cuxo nome tamén llo debemos a ela. Así nos conta, na radio,  como foi ese bautismo. 

                                      
 ( A imaxe está extraída de aquí) 


Tanto a súa vida como a súa obra foron vangarda. Coma a Frida mexicana, ela tamén vivíu libre, como quixo e por riba das convencións da época. Desde ben rapaza demostrou xa un amor profundo pola pintura (feito que a levaría a estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid) e pola liberdade ( abandonou a Academia polo encorsetado plan de estudos da mesma). Iso si, sairía de alí con un grande amigo, Salvador Dalí, para quen a pintora era " metade anxo, metade marisco" ( hai un documental moi interesante, dirixido por Antón Reixa, sobre ela  que leva este mesmo título). Xa en Madrid, xunto con Concha Méndez, María Zambrano ( de quen falamos aquí)  e Rosa Chacel, entre outras atreveuse a saír á rúa sen o sombreiro e todas elas formaron parte da vida cultural da cidade. Nos libros só aparecían Federico García Lorca, o xa citado Salvador Dalí, Luis Buñuel, Pedro Salinas, Rafael Alberti... pero elas tamén estaban alí formando parte desa amplísima xeración de artistas que sería coñecida co nome de Xeración do 27. Mantivo unha relación sentimental, moi libre, e mantendo sempre a súa autonomía persoal e artística, con Rafael Alberti, Miguel Hernández e Pablo Neruda. 
No 1932 marcha a París e alí xa se introduce de cheo no Surrealismo espertando a admiración de Paul Eluard e André Breton, que se fixo co seu cadro "Espantallo":




Cando estoupa a Guerra Civil, Maruja Mallo marcha a Bos Aires, onde obtivo recoñecemento e sona. Alternou as estadías na capital arxentina con Nova Iorque, onde coñeceu a Andy Warhol, con quen mantivo amizade. 


"Acróbatas, macro e microcosmos", 1981

Voltou do exilio no 1962 e seguiu pintando nunha España da que xa non quedaba nada do que deixara. De feito, cando marchara para o exilio ela estaba traballando nunha das Misións pedagóxicas da República. Aquel mundo, os seus amigos e amigas, a vida brillante e de cor que ela capturou en moitas das súas obras, xa non existía. 

Aquí podes ver moitos dos seus cadros.  E nestoutra páxina atoporás a análise dos que están no Museo Reina Sofía. 

Maruja Mallo, queremos ser coma ti: libres e vivas!









A información desta entrada está extraída de aquí. E deste pequeno documental que recolle os sucesos máis salientables da súa vida e da súa obra:





Acaba de chegar  á biblioteca A pintora libertaria, de Pepe Carballude. Polas páxinas desta novela pasea, con elegancia e orixinalidade, por suposto, a pintora Maruja Mallo. 



Maruja Mallo, queremos ser coma ti!

mércores, 7 de abril de 2021

Lolita Díaz Baliño , a ilustradora esquecida

 Lolita Díaz Baliño naceu na Coruña no 1905, no seo dunha familia de artistas. O seu irmán Camilo  (que será o pai de Isaac Díaz Pardo) introduciuna no mundo da ilustración. Comeza a súa andaina como ilustradora nas portadas das revistas "Mañana" e "Céltiga". Tamén realiza carteis publicitarios para festas populares, anuncios de sociedades recreativas e celebracións oficiais. No 1926 participa nunha exposición colectiva de maneira que a súa obra aparece coa de Sotomayor, Castelao e Corredoyra. Ademais, tamén ilustra a cuberta do libro Cántigas e verbas ao ar, de Xulio Sigüenza.  



Como vemos no debuxo anterior, achegouse aos movementos rexionalistas, máis coa influencia do modernismo, o Art Déco e de artistas coma o británico  Aubrey Beardsley, o nortemaericano Will Bradley e o lucense Manuel Bujados, vai desenvolvendo un estilo propio que, a dicir da comisaria Rosario Sarmiento, comisaria da exposición Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada (da que falaremos máis adiante), " a súa obra reflicte unha modernidade que quedará eliminada coa Guerra Civil e o franquismo. No seu momento tivo moito impacto e recoñecemento, pero foi expulsada da historia, como moitas outras mulleres artistas." Explica tamén a comisaria que  nas súas primeiras obras  aparecen figuras estilizadas e elegantes, de trazos sintéticos e alongados, que acabaron sendo característicos do seu estilo. As protagonistas dos seus debuxos e cartaces son, mois a miúdo, mulleres, representando case sempre figuras fortes e decididas.



No ano 1929, a Diputación de A Coruña concédelle unha bolsa para que curse estudos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Explica a xa citada Rosario Sarmiento que Lolita Díaz Baliño rechaza esta oportunidade xa que o seu irmán Camilo non quixo deixala marchar a Madrid ela soa. Ela tiña 24 anos e lembra esa negativa do seu irmán con profunda amargura. 
Como lle acontecería a moitos artistas, a Guerra Civil cambiaría a súa vida. No seu caso, tivo que vivir o asasinato do seu irmán, Camilo Díaz Baliño. Para poder subsistir, abriu un estudo na rúa Porta de Aires para dar clase e deixou de lado a súa faceta artística. Alí estudaría o seu sobriño Isaac Díaz Pardo. Ademais, comezou a traballar como docente na Escola de Artes e Oficios. Será mestra dunha xeración de artistas que triunfará nas décadas dos 60 e dos 70 : María Antonia Dans, Elena Gago e Gloria de Llano. 





Morreu no ano 1963, aos 58 anos. Segundo Rosario Sarmiento, " o seu legado foi importantísimo" quen lamenta que fose unha ilustradora esquecida. Hoxe, visibilizamos a súa vida e a súa obra, para non esquecela e dicímoslle:  "Queremos ser coma ti, Lolita Díaz Baliño!" 












Toda a información está extraída de aquí e de estoutra páxina. 
Pódese ver, na Fundación Luis Seoane, na Coruña, ata o 19 de setembro, unha exposición sobre a ilustradora: "A realidade soñada". Hai un documental co mesmo nome que recolle a  traxectoria da Lolita Díaz  artista.


Aquí deixamos unha ilustración de Nuria Figueiredo, ceramista e ilustradora ourensá, que recolle a imaxe que esta artista ten da súa predecesora Lolita Díaz Baliño:








martes, 30 de marzo de 2021

As voces silenciadas

  Rematamos o mes de marzo, con voz de radio! O xoves 25 de marzo e o venres 26 fomos gravar a Siradio . Un grupo de alumnos e alumnas de 2º Bach e de 3º PMAR do noso insti prestámoslle a voz a diferentes mulleres que, a pesar de ser protagonistas, de algúns acontecementos históricos relevantes, de ser creadoras culturais, de contribuir cos seus coñecementos a investigación de enfermidades, de escribir obras relevantes ou compoñer cancións e facer películas... non puideron facelo en voz alta, senón que tiveron que vivir e facer esas proezas silandeiramente, case murmurando porque non eran consideradas válidas para facer outra cousa que non fose limpar a casa ou coidar do marido e dos fillos e fillas. 

  De momento, deixamos a proba gráfica de que estivemos alí, gravando as voces silenciadas polo sistema patriarcal que amordazou as voces das mulleres que se atreveron a cantar. Iremos subindo os podcast cando se vaian emitindo. 









Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...