domingo, 21 de marzo de 2021

A miliciana de Gerda

 

GerdaTaro naceu en Alemaña nunha familia de orixe xudea, polo que cando Hitler chegou ao poder, ela fuxiu a París, onde coñeceu á súa parella, o fotógrafo Endre Friedmann.


Apodada “pequeño zorro rojo” pola súa astucia e cor de pelo, é considerada a primeira muller fotoperiodista que cubriu unha fronte de guerra, e a primeira en falecer ao facelo.

Xunto con Endre, comezou a fotografar baixo o alias de Robert Capa, o nome dun fotógrafo americano, xa que cos seus propios non conseguían vender as súas capturas. Baixo este pseudónimo conseguiron un éxito abismal, chegando a ser considerado Capa como o mellor fotógrafo da historia.


En 1936 trasladáronse a España para cubrir a guerra civil, onde Gerda, de só 26 anos, morreu accidentalmente atropelada por un tanque durante unha retirada do exército. 


                                                    "Miliciana" de Gerda Taro




Nos últimos tempos fóronlle atribuídas fotos que inicialmente se crían obra da súa parella, pois pensábase que Robert Capa era unicamente Endre Friedmann.

En conclusión, Gerda Taro abriu camiño a tódalas correspondentes de guerra, mais pagouno coa súa vida.

Gerda Taro é unha pioneira,

primeira periodista de guerra.

Por ser muller esquecida na terra,

sempre coa cámara na trincheira.


Gerda Taro é unha guerreira,

mais a fama ao marido se aferra.

O seu lamento ao machismo desterra,

por mais que a releguen a unha beira.


Un tanque quitounos tan grande estrela,

pero sempre brillará alá onde estea

alumeando o futuro a moitas nenas.


A través do lente a súa alma desvela,

capturando sen filtro a dor allea

dun pobo desangrándose en penas.


A entrada e o poema foron realizados por Pablo Presa Carrera, 3º C. Moitísimas grazas, Pablo. Es un poeta!




mércores, 17 de marzo de 2021

Coco Chanel, a muller que lle puxo pantalóns ao feminismo



Coco Chanel

 
 

Gabrielle Chanel, máis coñecida como Coco Chanel, naceu o 19 de agosto de 1883 en Saumur, Francia, e morreu o 10 de xaneiro de 1971 na bonita cidade de París. De nacionalidade francesa, Coco Chanel foi unha grande e entusiasta deseñadora de alta costura, e autora da creación da súa marca, Chanel.

A infancia difícil de Coco non lle impediu converterse nun dos máis grandes iconos do “novo estilo” durante os anos 20. Toda unha rebelde que modificou por completo o que se supuña que debían vestir as mulleres para ser belas. 




Coco dixo adeus ó corsé, que quedaba reducido á etapa da guerra e facía ver á muller case como un obxecto vestido de forma incómoda. Ademais, utilizou a cor negra como algo máis que un ton lúgubre: o principio da elegancia e a comodidade. Porén, non só impuxo un estilo de vestir, senón tamén unha forma de concibir a moda por parte das mulleres que viviron durante a súa época e os anos seguintes. Podedes coñecela máis se vedes este pequeno documental:


Audrey Tautou métese na súa pel para interpretala na película Coco Chanel. Aquí podes ver un tráiler da mesma: 



A parisina que hoxe coñecemos polas súas grandes ideas, foi unha feminista que loitou sempre por conseguir todo o que se propoñía. 

Por que Coco Chanel pasou a converterse nunha muller de historia?

Coco, como xa comentamos antes, engadiu ao noso armario a cor negra, mais non foi o único que fixo esta muller:

1.Foi a primeira muller empresaria da historia.

2.Demostrou que a elegancia e o estilo non son sinónimo de clase social.

3. Foi a responsable dos bolsos de ombreiro.

1.Tamén mezclou o armario masculino co feminino

4.Popularizou o corte de pelo masculino na muller.

5.Creou roupa para a muller traballadora.

6.Popularizou o uso da bixutería no ámbito social de clase media.

7. Puxo de moda a pel morena.

8. Foi unha revolucionaria sexual, porque apoiaba abertamente a comunidade LGTBI+.

“Se naciches sen ás, 

no fagas nada para evitar que medren"

deixou dito Coco Chanel. Pois ben, voemos contigo, Coco Chanel!






Esta entrada foi realizada por Adriana Soriano, de 3º da ESO. Moitas grazas, Adriana!  





martes, 16 de marzo de 2021

O conto da criada de Margaret Atwood

 

Margaret Eleonor Atwood naceu en Ottawa, Canadá, o 18 de novembro de 1939. É unha destacada poeta, novelista, crítica literaria, profesora e activista política ( é membro de Amnistía Internacional ).
Estudou na Universidade de Victora, en Toronto e tamén en Harvard. Vive entre Toronto e Pelee Island, en Ontario.  


Unha das súas obras máis coñecidas é O conto da criada, novela distópica na que se fai unha crítica social de como esta trata ás mulleres. Emprega unha técnica narrativa que consiste en empregar lembranzas para facer un xogo con dúas historias distintas, aínda que con un mesmo personaxe. É moi coñecida porque deu lugar a unha serie de televisión. 



Outra novela que escribiu é O asasino cego. A historia desenvólvese en Canadá e nárrase desde un presente aínda que facendo moitas referencias constantes a distintos momentos do pasado século XX.

Como novelista, Margaret Atwood recibiu varios premios: o Booker ( no ano 2000), o Príncipe de Asturias das Letras ( no 2008), o Pen Pinter Price ( no 2016) e o Franz Kafka no 2017, entre outros.

Na nosa biblioteca, na sección de Igualdade, podes atopar a súa novela, O conto da criada (de novo por obra, arte e maxia de Irmáns cartoné)  E tamén podes vela a ela no corredor que leva á biblioteca. Ollo! Margarte mírate desde a exposición " Queremos ser coma vós"



Nota: esta entrada foi elaborada por Daniel Marina, de 4º ESO C

domingo, 14 de marzo de 2021

Camille Claudel, todo o escuro do inverno cae sobre ti

 

"(...) Quieres mirarte en el espejo y verte a ti, Camile, Camile
tomar las bridas, la melodía evocadora de los sueños...(...)"
Pedro Guerra



Camile Claudell naceu o 8 de decembro de 1864 en Fére-en-Tardenois, Francia. Desde moi nova foi unha apaixonada da escultura. En 1881 tentou entrar na escola de Belas Artes de París pero non a admitiron por ser muller. Mais, ela era coñecida na sociedade francesa polas súas obras.   

En1883,Auguste Rodin, un mestre da escultura, queda enfeitizado pola súa beleza e o seu talento. Acaba converténdose no seu profesor e amante. Teñen unha intensa relación onde o amor e o odio están presentes continuamente. Sepáranse en 1904 e Camille adícalle bastantes das súas obras.

En 1905 realiza a súa última exposición e péchase no seu obradoiro debido a unha das crises emocionais que sofre. Destrúe moitas das súas obras e acusa a Rodin de roubarlle as ideas e de querer matala. Como ninguén a cree, a súa saúde mental comeza a degradarse e os seus familiares acábana por ingresar nun manicomio, onde permanecerá encerrada 30 anos ata o día da súa morte. En todo este tempo non recibe ningunha visita, nin sequera dalgún familiar.

Camille Claudel foi unha artista pouco valorada na súa época e tratada posiblemente de tola porque era unha muller que facía e sentía o que quería. Isto estaba mal visto a ollos daquela sociedade que a tomaba como un perigro para ella. Unha cousa semellante lle puido ter pasado a  Juana la Loca.

Falece en 1934 e entérrana nunha tumba sen nome. Mais fica nas súas obras, na memoria da arte e na película que leva o seu nome.    

       

 

E hoxe podes ver a todas as Camiles no primeiro andar, nun lugar preferente!

 




   Esta entrada foi elaborada por Vera e Iza, de 4º ESO D. Grazas ás dúas


xoves, 11 de marzo de 2021

O cuarto propio de Virginia

 A Virxinia Woolf debémoslle as mulleres ter un cuarto propio. Un lugar para a independencia que nos permita ser e vivir máis alá da vida dos homes. 

Envolta nunha voz de radio, atoparás a súa historia: Mujeres con Historia: Virginia Woolf, una escritora liberal y feminista que encontró sosiego a su atormentada vida a través de la escritura - Mundo oculto

Na nosa exposición "Queremos ser coma vós" está Virxinia, por suposto, mais quen delas é a verdadeira? Cantas somos Virxinia?














Para rematar, deixámosvos aquí  un retrato que Zaira, de 4º ESO C, fixo de Virginia. Soubeches captar , Zaira, a melancólica beleza da escritora feminista!


Se queredes saber algo máis dela, na biblioteca temos o Virginia Woolf, publicado por Impedimenta. Podes tomar café con el e con Virginia! 



 E podes ler a información que nos deixan aquí Vera, Daniel e Iza, de 4º da ESO. Está en inglés e en castelán:

Adelina Virginia Stephen was born on January 25, 1882, in Kensington, London, (United Kingdom), and was the penultimate of eight siblings. She was a girl educated at home by her parents and never went to school, but she also received classes from private teachers. In 1905 she began to write professionally, becoming a very important writer who supported the feminist movement. She received successive criticism from society for the mentality she had and what she defended, but that could not stop her and she achieved even more success. In 1904 the death of the person who had been her teacher and her guide, her father, as a result of cancer, made Virginia once again experience nervous breakdowns that accompanied her throughout her life caused by other deaths or abuses, which confirmed that what she suffered from was bipolar disorder. After what happened, she moved to the Bloomsbury neighborhood, which had a group that was characterized by hating the upper middle class to which she belonged, where her life changed. His house became a meeting place for prominent intellectuals and artists where they held gatherings.

Her most important works are:

1925- Mrs. Dalloway

1927- To the lighthouse

1928- Orlando

1929- A room of my own

1931- The waves



In her powerful narrative, Woolf excelled at his characters' introspection and depiction of the emotions that underline seemingly mundane events. Non-fiction works such as A Room of My Own (1929) and Three Guineas (1938) show Woolf's strong feminist perspective by documenting intellectual discrimination against women and the male-dominated power dynamics of the time.

Finally, on March 28, 1941, she decided to end her life in Lewes, United Kingdom, diving into the river with his pockets full of stones to prevent him from afloat.

In 2017, the Virginia Woolf International Literature Prize was created by the Sial Pigmalión publishing group, coinciding with the twentieth anniversary of the founding of the group, to reward authors who have stood out as poets, narrators or essayists.

But she was also very important since she showed her struggle to achieve equality embodied in her famous phrase "A woman must have money and a room of her own if she is going to write fiction", which still continues to inspire feminism and explains the difficulties of the woman for making her way into the world of writing.

Adelina Virginia Stephen nació el 25 de enero de 1882 en Kensington, Londres, Reino Unido y era la penúltima de ocho hermanos. Fue una niña educada en casa por sus padres y nunca fue a la escuela, pero además recibió clases de profesores particulares. En 1905 empieza a escribir profesionalmente llegando a convertirse en una escritora de suma importancia que apoyo el movimiento feminista. Recibió sucesivas críticas de la sociedad por la mentalidad que tenía y aquello que defendía, pero eso no la pudo parar y consiguió aún más éxito. En 1904 la muerte de quien había sido su maestro y su guía, su padre, como consecuencia de un cáncer, hace que Virginia vuelva a experimentar crisis nerviosas que la acompañan toda su vida, ocasionadas por otras muertes o abusos, que a día de hoy se corrobora que lo que ella sufría era un trastorno bipolar. Tras lo sucedido se traslado al barrio Bloomsbury, que tenía un grupo que se caracterizaba por odiar a la clase medio-alta a la que ella perteneció, donde su vida cambio a mucho mejor. Su casa se convirtió en lugar de reunión para destacados intelectuales y artistas donde realizaban tertulias.

Sus obras más importantes son:

1925- A señora Dalloway

1927- Al faro

1928- Orlando

1929- Una habitación propia

1931- Las olas

Nota: enlazamos os títulos destacados ás fermosísimas edicións deseñadas na editorial Irmáns Cartoné. Na mesma editorial tamén atopamos Ruar, unha aventura londinense. 

En su poderosa narrativa, Woolf sobresalió por la introspección de sus personajes y la descripción de las emociones que subyacen a eventos aparentemente mundanos. Las obras de no ficción como ’Una habitación propia’ (1929) y ’Tres Guineas’ (1938) muestran la decidida perspectiva feminista de Woolf al documentar la discriminación intelectual hacia las mujeres y la dinámica de poder dominada por los hombres de la época.

Finalmente el 28 de marzo de 1941 decide acabar con su vida en Lewes, Reino Unido, sumergiéndose al río con los bolsillos llenos de piedras para impedir salir a flote.


( Fotograma da película As horas, inspirada na vida, na morte e na obra da autora británica) 


En el 2017 se le creó el Premio Internacional de Literatura Virginia Woolf por el Grupo Editorial Sial Pigmalión, coincidiendo con el vigésimo aniversario de la fundación del grupo, para premiar a autoras que hayan destacado como poetas, narradoras o ensayistas.

Además, fue muy importante ya que ella mostró su lucha por conseguir la igualdad plasmada en su famosa frase “Una mujer debe tener dinero y una habitación propia si va a escribir ficción”, que aún sigue inspirando al feminismo y explica las dificultades de la mujer por abrirse paso en el mundo de la escritura.

E, se queres saber aínda máis cousas de Virxinia Woolf non che vai quedar máis remedio que buscar este título: Virginia Woolf, las olas, de Jesús Marchamalo publicado pola editorial Nórdica Libros. 



luns, 8 de marzo de 2021

Queremos ser coma vós

 Durante este mes de marzo acollemos, no primeiro andar ( no corredor que leva á Biblioteca), unha exposición que chamamos " Queremos ser coma vós".

Nela, profes e alumnos/as imitamos a pose e a "presencia" que diferentes mulleres significativas na historia da ciencia, da arte, da política, da literatura... adoptaron en distintas fotografías. 





Ao longo do mes, iremos subindo información sobre as diferentes mulleres da exposición. 

"Ai compañeira , cantar, cantemos polas que foron e o que seremos !"

 A forza da sororidade neste 8 de marzo ten hoxe a voz desta "Mazurca de Cortellas" de María Villanueva e Vania Couto. 

Podes escoitar e bailar o disco aquí



Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...