Unha das cousas máis fermosas dunha biblioteca é poder achegarse aos andeis e tocar os libros, poder sobalos e verlles as arterias e as paisaxes. Asomarse a eles, só asomarse. Só sentir o seu tacto, apalpar algunha letra e decidir se paseamos agora por esas palabras, que son lugares ou pospoñer o encontro. Pois ben, xa sabedes que nestes tempos da COVID o tacto non vive os seus mellores momentos e non podemos tocarnos nós nin os libros.
Mais si podemos velos e rescatalos da burbulla de cristal na que están estes días. Míraos, pídeos, cólleos e tócaos.
Iremos deixando nesta furna as obras que nos vaian chegando para o andel da Igualdade. Noutrora estarían expostas nun sitio ben visible para que ti os colleses, e os tocases, e os levases. Mais agora só podemos mostrarchos protexidos por esta burbulla de cristal. Rescátaos, libéraos. Non naceron os libros para estar encerrados. Verás que moitos deles están escritos por mulleres que estiveron metidas, tamén , en furnas. Liberémolas e disfrutémolas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario