No IES Val do Tea tamén navegamos. Empoleiradas no verso de Xohana Torres,a primeira de moitas, iniciamos a singradura cara ao noso cuarto propio.
Alá imos. Vémonos na igualdade.
"Penélope"
DECLARA o oráculo:
"Que á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramos de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades disas patrias a vindima.
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
Así falou Penélope:
"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto nobelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR
Recunchiño do andel da Igualdade na Biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario