Ao longo da semana pasada e desta que vén, estamos desenvolvendo, nas titorías, un ciclo de cine contra a violencia de xénero.
A curtametraxe "As cores do frío" abre o ciclo . Esta foi realizada na Escola de Imaxe e Son de Vigo no 2005. A película pode verse aquí.
As outras películas que forman parte do ciclo son as que aparecen a continuación:
Antigua vida mía. Película
baseada
na
novela
homónimade
Marcela
Serrano.
Está
dirixida
polo
arxentino
Héctor
Oliveira
en2002. Nesta cóntase a historia de Violeta e Josefa que coñecemos, sobre todo, través dos diarios da primeira e das lembranzas da segunda .
-Buda explotó por venganza.Película
iraniana
dirixida
porHana Makbmalbafen2007 que narra a historia de Baktay, unha nena afgá
de seis anos, é incitada a ir á escola
polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos que hai fronte á
súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan
de forma cruel, reflectindo a violenta sociedade que os envolve.
- El color púrpura. Película
dirixida
porStevenSpilberg
( EEUU)en1985
e baseada
na
novela
homónima
deAliceWalker. Esta contou a historia de Celia, unha adolescente negra que, a principios do século XX, descobre que está embarazada
do seu propio pai, un home despótico e cruel. A partir de entón a
súa vida estará chea de dor e humillacións.
- Custodia compartida. Película
francesa
deXavierLegranddel2017. Nesta cóntase a historia de Myriam e Antoine Besson, que acaban de
divorciarse. Ela solicita a custodia exclusiva do seu fillo Julien,
para protexelo dun pai acusado de violencia de xénero . A xuíza sentenza a
favor da custodia compartida.
- Los hombres que no amaban a las mujeres. Película
dirixida
porDavidFincher( EEUU)en2011baseada
nolibrohomónimo
deStieg
Larson. O periodista Mikael Blomkvist trasládase a
unha remota illa do norte de Suecia, onde a morte non esclarecida
dunha rapaza corenta anos atrás atormenta aínda ao seu tío, o
patriarca dunha coñecida familia. Sospeitando que o asasino puede
seguir aínda na illa, Blomkvist emprende unha investigación que o
levará a descubrir os segredos e mentiras da poderosa e rica saga
familiar. Conta para facelo coa axuda dunha extravagante aliada, a
hacker punki LisbethSalander.
- Ladybird, ladybird. Ken Loach narra, na película , a historia de Maggie, nai de catro fillos, todos de
distintos pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a
cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge,
un refuxiado hispanoamericano, albisca a posibilidade de refacer por
fin o seu fogar. Porén, o seu pasado segue a atormentala.
- Madame Broutte. Película
senegalesa
del2003
dirixida
porMoussaSeneAbsa.Velaquí
otráiler, subtituladoaoinglés . Na biblioteca está a película en castelán.
Mati, coñecida como Madame Brouette,
é unha muller orgullosa e independente, que foxe dun marido
violento. Trata de sacar
adiante a súa filla nos barrios pobres de Dakar . Soña con montar
un pequeno restaurante e xa non quere saber nada dos homes, ata que
se cruza no seu camiño cun sedutor e corrupto policía local,
Naago, e volve namorarse. Unha mañá, o home sae da casa de Mati e
cae morto ao chan. Ela convértese na principal sospeitosa.
Embarazada de novo de Naago, busca unha saída para o seu futuro pero
a figura do policía sempre seinterpón.
- Precious .Película
estadounidense
do
2009
dirixida
por
Lee
Daniels.
A protagonista da película é Jones (Gabourey
Sidibe), unha adolescente negra e obesa de Harlem cuxa nai
(Mo’Nique) a maltrata constantemente. Non sabe ler nin escribir e,
cando se descobre que está embarazada, é expulsada da escola. A
pesar de todo, a directora do centro inscríbea nunha escola
alternativa para que intente encarreirar a súa vida. A súa nova
profesora (Paula Patton) é a primeira persoa que confía en Precious
e que a trata con respecto.
- Solas, película do director Benito Zambrano, gravada no 1999. Nárrase a historia de María ( Ana Fernández) que malvive nun apartamento dun barrio miserable e descobre que está embarazada dun home que non a ama. Retomará a relación coa súa nai ( María Zambrano) que consumiu a vida ao lado dun home violento e intolerante.
- Solo mía. É unha película de Javier Balaguer (2001). Narra a historia de amor que xurdiu entre os protagonistas e casaron. O primeiro
embarazo encheunos de felicidade, ata que pouco despois foron
aparecendo os primeiros insultos e reproches. Ángela descobre o
verdadeiro carácter violento do seu marido.
- Te doy mis ojos. Película
do
2003
da
directora
española
Icíar
Bollaín. Unha noite de inverno, Pilar sae
fuxindo da súa casa. Leva consigo catro cousas e ao seu fillo Juan.
Escapa de Antonio, un marido que a maltrata e co que leva 9 anos
casada. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e
ademais, “deulle os seus ollos”.
- En tierra de hombres. Película
de NikiCaro( EEUU)
do2005 JoseyAimes(CharlizeTheron),unhanaisolteira,voltaásúavilanatalnonortedeMinnesota e,
para saír adiante, busca emprego nas minas de ferro, un traballo
dominado completamente por homes e onde hai unha grande
discriminación por xénero. Axiña Josey comprobará a que clase de
humillacións se verá sometida no traballo por sermuller.
- Tomates verdes fritos. Película
do1991rodada
porJonAvnet
e baseada
na
novela
de
Fanny
Flag.Evelyn (Kathy Bates), unha muller
madura que vive frustrada polo seu sobrepeso e pola insensibilidade e
simpleza do seu marido, coñece casualmente nun asilo a Ninny
(Jessica Tandy), unha
anciá que lle vai contando pouco a pouco unha dramática historia
que aconteceu nunha pequena vila de Alabama. O relato faise cada vez
máis fascinante: xira arredor da grande amizade entre dúas mulleres
(Mary Stuart Masterson e Mary-Louise Parker) e do misterioso
asasinato do marido dunha delas.
E finalmente, proxectaremos o luns día 30 de novembro a película "Tódalas mulleres que coñezo" , gravada por Xiana do Teixeiro no 2018. Recibiremos a visita da directora, que nos falará da película e, ademais, aproveitará para dar unha pequena masterclass ao alumnado de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes. Nela, descríbense, do persoal ao político, as vivencias
de mulleres diversas evidencian o masculinizada e violenta que segue
sendo a rúa hoxe en día.
Por outro lado, aquí deixamos tamén estas curtametraxes que abordan a violencia de xénero nas redes sociais. Unha delas é a que segue:
Intentamos amosar que a idea do amor romántico non é sempre a mellor. Cómpre que todos e todas busquemos que nos queiran ben, con liberdade e respecto. Na peli da nosa vida precisamos amor, non golpes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario