domingo, 16 de maio de 2021

Onde estaban as mulleres na Idade Media?

 Estaban aí, pero non nolas mostraran. 

O alumnado de 2º da ESO e a súa profe Yolanda del Campo  fóronas buscar á Idade Media e trouxéronnos ata aquí a algunhas delas. 


Algunhas son raíñas, ou fillas de raíñas europeas: Violante de Hungría, Xoana a Louca, Beatriz de Portugal, Isabel I de Castela, Berenguela de Castela...ou doutros continentes, como Wu Zetian



A triste historia de Xona  a Louca nárrase na película Juana la Loca. Pódela atopar na biblioteca. Algúns historiadores din dela que se vivise hoxe esta Xoana sería feminista. Sexa como sexa, a súa historia ben merece coñecerse un pouco. Sufriu o que padeceron moitas mulleres nesa época e noutras máis modernas: a calificación de tola. A atribución da loucura, en moitos casos, non era máis ca un xeito de dicir que esa muller se apartaba dos cánones establecidos coma normais no seu xénero. Aquí podes ler un artigo no que explica esa idea. 

Outras eran "influencers" coma Leonor de Aquitania, ou xograresas e soldadeiras como María Balteira. O grupo galego "A Quenlla" adícalle á soldadeira esta canción:

Na biblioteca atoparedes un libro de Marica Campo que vos pode achegar a esta muller tan interesante da Idade Media: Confusión e morte de María Balteira. Ela é a protagonista do primeiro relato. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...