sábado, 27 de febreiro de 2021

Nada de amores a tres metros sobre o ceo

 Neste pasado mes de febreiro, en moitos institutos, coles, bibliotecas...se celebrou o amor. Mais temos que estar moi atentas cos modelos amorosos que lles ofrecemos aos mozos e mozas. 

O amor romántico que se desprende dos paradigmas patriarcais non sempre dá bos resultados. Talvez cómpre ensinar que primeiro é o amor propio e logo xa virá o de parella, se é que vén.

                                                                  Procedencia da imaxe    

Nós quixemos celebrar un amor sano, coidadoso e coidado, alonxado dos mitos do amor romántico co que moitas medramos e do que tivemos que desprendernos para ser máis felices. 


Nada de amores a tres metros sobre o ceo.

Nese lugar os corazóns devóraos a néboa.

Prefiro que pisemos superficies de cristal.

Para que saibas que fráxil cada paso que damos.

Para que entendas que o lume é xeo por dentro.


Carlos Negro, Penúltimas tendencias






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz noite de San Xoán e feliz verán!

É a de hoxe unha noite máxica, a máis curta e intensa do ano. A natureza prepárase para iniciar un cambio de ciclo.  E as meigas e as mouras...