Como xa dixemos na entrada anterior, as alumnas e os alumnos de Cultura Audiovisual de 1º e 2º do BACH de Artes e a súa profe Laura García, convídanvos a ir ao cine para ver todas as pelis que se foron vendo no ciclo "As cores do frío".
Se queredes velas, podedes presentar a entrada (que vos entregaron os vosos/as titores/as) na biblioteca e o/a profe que vos atenda xa vola presta.
O tempo préstase para coller pelis, e ningún tempo se presta, ningún, para mancar, ferir, humillar ás mulleres.
O pasado luns 30 de novembro, no marco do ciclo de cine contra as violencias machistas, proxectamos Tódalas mulleres que coñezo e veu presentar a película a súa directora, Xiana do Teixeiro.
Aquí queda un tráiler da película:
E esta é unha pequena entrevista á directora, Xiana do Texeiro:
Como di a propia directora na entrevista, ela fixo dos espazos lugares de confesión nos que moitas mulleres, de moitas xeracións, falan das violencia machistas máis sutís que sofren e aínda sufrimos na actualidade.
Moitas alumnas sentíronse identificadas coas experiencias de estas mulleres e este feito xerou unha interesante conversa despois do visionado do filme.
Así que os alumnos e as alumnas de BACH de Artes, e a súa profe Laura, convídanvos a ver a peli. Velaquí as entradas!
Xiana, a tódalas mulleres que coñecemos lles pasou algo semellante. Así que grazas por vir compartir connosco os planos, as palabras, os espazos, os silencios desas mulleres que, en certo modo, tamén son os nosos!